InicioSOCIEDADEUn mapa interactivo permite ao mundo coñecer as capacidades da nosa cidade

Un mapa interactivo permite ao mundo coñecer as capacidades da nosa cidade

Publicada o

Por europapress

Concello da Coruña estrea o Mapa da Coruña Cidade Global no século XXI, unha ferramenta interactiva “pioneira” para mostrar o seu “mellor perfil internacional”. Trátase dun documento en varios idiomas que “se irá actualizando aos poucos, recollendo novos espazos e novos usos”, froito do convenio de colaboración co Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI).

O obxectivo deste proxecto é mostrar “ao mundo” as capacidades da cidade herculina en materia empresarial, ciencia, cultura e infraestruturas. Así o explicaron na súa presentación o concelleiro de Economía e portavoz do Goberno municipal, José Manuel Lage, e o director do centro, Daniel González Palau.

Lage destacou que é unha iniciativa “práctica, operativa e moi potente”. “É unha ferramenta para entender o noso presente desde o noso pasado e que permitirá coñecer máis a fondo a historia da nosa cidade, dos seus monumentos e dos principais equipamentos e infraestruturas así como os fitos históricos máis relevantes“, recalcou.

O portavoz anunciou ademais a intención do goberno municipal de renovar o convenio de colaboración existente co Igadi.

González, pola súa banda, resaltou que se trata dun material “pioneiro” que está “vivo” e que vai dar “a volta ao mundo” a través da rede de investigadores asociados ao Igadi “que están a estudar os fenómenos das cidades globais”.

ÚLTIMAS

“Aquí tamén se fala” convértese en Festival!

Impresionante o traballo normalizador que está a realizar o IES Rafael Dieste. Co alumnado...

O conflito laboral en Jardincelas volve ás rúas de Cambre e Culleredo

Parecía, aló por febreiro, que o conflito laboral en Jardincelas ía camiño de solucionarse....

Cambre será sede dunha nova estación loxística de Amazon

Amazon abrirá unha nova estación loxística en Cambre. Este centro, que terá máis de...

Un tren da liña A Coruña e Vigo sofre un conato de incendio que provoca un atraso de 40 minutos

Un conato de incendio declarado entre dous coches dun tren que cobre a liña...